O grupo de Teatro Andanzas de Viveiro actuará en Burela
O grupo de Teatro Andanzas de Viveiro representará a obra Olvida los tambores o sábado 21 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Burela.
A obra trata sobre Alicia e Tony que forman unha parella moderna, nada convencional. A súa forma de entender o matrimonio baséase na confianza mutua, na honradez, na liberdade sen trabas. Gústalles considerarse membros dunha nova raza, unha xeración que aspira a cambiar o mundo, a acabar coas absurdas tradicións dunha sociedade que xa viviu o seu tempo, unha época de represión e hipocrisía coa que non teñen nada en común. A nosa parella é feliz co seu peculiar modo de vida ata que o destino os situa fronte a un problema que non poden eludir, que lles chega ata o máis fondo dos seus liberais corazóns.
A entrada será libre e o aforo limitado.