O grupo de rock ribadense Beetle Judge celebrará o seu 25 aniversario cun concerto
O grupo de rock ribadense Beetle Judge celebrará o seu 25 aniversario este 9 de setembro cun concerto no auditorio de Cabanela ás 22.30 horas e con entrada de balde.
O concerto terá unha parte orientada ás súas novas composicións e outra parte na que músicos convidados doutras bandas da comarca da Mariña e que interpretarán xunto a eles o repertorio máis clásico da banda.
A banda conta con dous EPs e dous discos e tivo o seu auxe a finais dos anos 90 e principios dos 2000, chegando a facer unha xira polo estado español e teloneando a artistas do calibre de Hamlet, Dream Theater, Los Suaves ou Siniestro Total entre outros, tamén participou en festivais de renome como o Doutor Music Festival ou o Derrame Rock.
A banda conservou os seus membros orixinais ata o ano pasado cando se incorporaron ao grupo un novo batería e un guitarrista rítmico. A súa última gravación data do ano 2019 e é un ep autoeditado baixo o título de A Walk by the Clouds.