O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro organiza un Scape Room

AMariñaXa
O grupo de participación xuvenil de Viveiro colocaron mensaxes polas rúas do Concello con mensaxes de igualdade
GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE VIVEIRO scape room 2024
20 Mar 2024

O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro, integrado por 12 mozas e mozos, organiza este sábado, 23 de marzo, un Scape Room deseñado por eles e destinado á mocidade de 12 a 17 anos.

A actividade será no pavillón Antonio Tarrío a partir das 17.00 horas. A mocidade interesada en inscribirse, en grupos de como máximo seis persoas, pode facelo no mail p.v.x.grupodeparticipacion@gmail.com ou no instagram @p.v.x.2022 indicando nome e apelidos das persoas integrantes e un teléfono de contacto.

“Esta actividade da continuidade ao traballo feito polas mozas e mozos integrantes do grupo de participación xuvenil, que se enmarca dentro da aposta do municipio pola atención á infancia e adolescencia e a importancia de que asuman roles activos de participación dentro da sociedade”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Dende o Concello de Viveiro anímase á mocidade a participar no Scape Room e lembra que o grupo está permanente aberto á participación de máis rapazas e rapaces.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1959707736969