O Grupo de Participación Adolescente impulsa un novo proxecto interxeracional

AMariñaXa
A aula de xogo da Casa da Xuventude incorpora unha mesa de billar para combinar ocio e participación
BURELA-grupo-participacion-adolescente-2026
6 Feb 2026

Onte celebrouse unha nova sesión do Grupo de Participación Adolescente (GPA) na que os seus membros comezaron a planificar actividades dun proxecto interxeracional recentemente impulsado. Durante a xuntanza, os adolescentes combinaron tarefas de organización con momentos de lecer, creando un ambiente participativo e ameno.

A Casa da Xuventude acolle tamén novidades no seu espazo de xogo, que desde principios deste ano conta cunha mesa de billar. Este recurso está dispoñible de forma totalmente gratuíta para toda a mocidade, ofrecendo unha alternativa de ocio atractiva que se suma ás posibilidades xa existentes na aula de xogo.

O acceso á aula é libre dentro do horario de funcionamento da Casa da Xuventude: de luns a venres pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde, de luns a xoves, de 17:00 a 20:00 horas. Estes horarios permiten que a mocidade poida combinar os seus estudos e actividades co ocio nun espazo seguro e ameno.

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou a importancia destas iniciativas, afirmando que “este tipo de propostas reforzan a participación da mocidade nos espazos municipais e permiten combinar o traballo colectivo con actividades de carácter lúdico”. Para Pillado, a inclusión de novos recursos na Casa da Xuventude tamén responde “á vontade de ofrecer alternativas accesibles e atractivas para a xente nova”.

Con estas accións, o Concello quere fomentar a implicación activa da mocidade en proxectos de interese social, así como potenciar espazos de encontro e convivencia que promovan habilidades colaborativas, creatividade e participación cidadá desde idades temperás.

⚙ Configurar cookies
0.079092025756836