O Grupo de Participación Adolescente de Burela prepara a Búsqueda do Tesouro
O Grupo de Participación Adolescente de Concello de Burela prepara a Búsqueda do Tesouro, unha actividade na que haberá que superar varias probas polo pobo e encontrar o tesouro agochado.
Será o venres 25 de febreiro de 19.00 a 22.00 horas e dará comezo dende a plaza de Abastos.
Os requisitos para participar son que hai que ir disfrazados e en grupos de máximo 5 persoas,os menores de 12 anos que queiran participar deberán ir acompañados por unha persoa adulta.
Haberá premios para o grupo gañador que consistirá nunha comida ou cea no BoasMigas, para os e as integrantes do grupo e por un importe máximo 17 euros por persoa, tendo que ir todos e todas xuntas e nun prazo máximo de 3 meses.
Os gañadores tamén levarán entradas e merchandising do Festival Osa do Mar para as persoas que integren o grupo.
Tamén haberá premios para o grupo mellor disfrazado que consistirán en entradas para disfrutar dos equipos femenino e masculino do CD Burela FS durante a tempada regular 2021-2022, para as persoas que integren o grupo, máximo 5 entradas para o femenino e 5 para o masculino.
Para participar é necesario a previa inscrición chamando ou mandando un Whatsapp ao teléfono 676 816 090 ou correo a info@branqueasociacioncultural.com.