O Grupo de Participación Adolescente de Burela organiza unha Noite do terror

AMariñaXa
O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela organiza a “Noite do terror” para o 30 de outubro
Burela samain terror 2023
25 Out 2022

O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela organiza a “Noite do Terror” o próximo domingo día 30 de outubro a partir das 19:30 horas na Praza de Abastos.

O obxectivo da actividade será resolver o cluedo, onde as e os participantes deberán destapar un misterio que será contado o mesmo día antes de comezar a actividade.

Aínda que esta iniciativa está dirixida á mocidade, poden animarse persoas de todas as idades. A participación é gratuíta e grupal, de xeito que o único requisito é que se conformen grupos de dous a dez persoas como máximo.

Desde a organización animan a disfrazarse para esta cita, aínda que será unha decisión de cada participante, totalmente opcional.

Segundo aseguran desde o Grupo de Participación, “haberá unha serie de personaxes que contarán as súas historias, meterán sustos, culparanse os uns aos outros, faránvos pasar probas, dubidar, cabilar, etc.”. Tratarase de resolver o misterio agochado na Praza de Abastos e encontrar ao culpable do misterio, que por agora, non se desvelará.

Tanto desde o Concello como desde o GPA convidan a participar desta novidosa e terrorífica actividade.

Burela samain terror 2023
0.18681287765503