O grupo Abril Fado Atlántico actúa en Mondoñedo

AMariñaXa
Os amantes da música poderán gozar do proxecto musical fundado en 2007 que explora a rica sonoridade do fado
cartel_abril_fado_atlántico
24 Xuño 2024

O Centro Cultural Santa Emilia de Mondoñedo acolle a actuación de Abril Fado Atlántico. O 29 de xuño ás 21.00 horas, os amantes da música poderán gozar do proxecto musical fundado en 2007 que explora a rica sonoridade do fado e outras músicas atlánticas.

O grupo está composto por Daniel Adzemian (guitarra portuguesa, guitarra clásica, voz), José Calabuig (guitarra clásica, saxofón), Laura Garrido (contrabaixo e voz), e Noelia Santos (voz solista). A formación fará desfrutar aos presentes dunha noite protagonizada polas melodías emotivas e auténticas que os transportarán a través da esencia do fado e máis aló.

0.098932981491089