Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa aumentado pola presión que supón o gromo da Mariña e a redución de altas. Así, a provincia inicia a semana con 253 casos, 9 máis que onte, cando na xornada anterior a subida foi de 10 casos.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 16 casos novos (onte foron 17). As altas chegaron ás 11.402, 7 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 8.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.876 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve empeorar. Hai tres persoas na UCI e 12 nas diferentes plantas (3 máis), 4 están no Hula, 4 en Burela e 4 en Monforte (un máis en cada uno dos centros hospitalarios).
Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A provincia mantén a estabilidade e tende á mellora agás na Mariña, onde o gromo continúa en expansión e lastras as cifras globais.
A Mariña
- Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 48, 2 máis que onte.
- Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, que chega a 11 casos (1 máis).
- Ribadeo sobe aos 13 casos, pero con incidencia media.
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Mondoñedo, Cervo, Alfoz e o Valadouro.
- Lourenzá está sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba mantén estable o número de positivos en 25.
- Begonte, Cospeito, As Pontes e Meira están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
- Pol e Guitiriz non tiveron casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Xermade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo sobren a 67 (1 máis).
- Navia de Suarna segue a reducir a súa incidencia.
- Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Sarria e O Incio levan unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte segue en 22 positivos en 15 días.
- A Pobra de Brollón, Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
- Pantón leva unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.