O Gran Mestre, Aleksa Strikovic, gañou o XX Open de Axedrez Rápido de Vegadeo
AMariñaXa
O Concello de Vegadeo organiza unha actividade sobre robótica e novas tecnoloxías no recinto feiral do 26 ao 30 de xuño.
23 Xan 2024
O auditorio Félix Menéndez de Vegadeo acolleu o XX Open de Axedrez Rápido de Vegadeo no que participaron moitos xogadores así como contou cun alto nivel de cinco xogadores titulados.
Así, o Gran Mestre Aleksa Strikovic venceu en solitario con 6.5 puntos de 7 posibles, o segundo posto foi Iván Andrés e terceiro levouno Lionel Sierra. O mellor veterano foi Belarmino García, o mellor sub18 foi Nicolás Martín e repetiu como mellor local José Ramón Roca.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, estivo na entrega de premios e tamén foi a visitar aos participantes o primeiro día do torneo.