O goberno socialista de Alfoz conquire a débeda cero

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde socialista de Alfoz, Jorge Val, amósase orgulloso de reducir a cero a débeda municipal, algo que se manifestou nun dos plenos celebrados este mesmo verán, tendo en conta que a nova composición da corporación está formada polos cinco concelleiros socialistas, dous do PP e dous de Vía, a alternativa dos veciños.
exaltacions.gastronomicas
5 Sep 2019

O alcalde socialista de Alfoz, Jorge Val, amósase orgulloso de reducir a cero a débeda municipal, algo que se manifestou nun dos plenos celebrados este mesmo verán, tendo en conta que a nova composición da corporación está formada polos cinco concelleiros socialistas, dous do PP e dous de Vía, a alternativa dos veciños.

En catro anos, lograron reducir a débeda en 400.000 euros pero ao mesmo tempo, o Concello realizou inversións directas na rede de auga e abastecemento municipal, na reparación da piscina, en completar o alumeado público, en aplicar medidas de eficiencia enerxética en instalacións municipais e no asfaltado de pistas, entre outras.

Alfoz e O Valadouro aforran ademais custes compartindo o servizo de recollida de lixo, é dicir, a recollida do orgánico e dos contedores amarelos, do plástico. Non só se reducen os gastos nun 50 por cento, senón que aumentaron as zonas onde se recollen os plásticos. Aparte, nambolos dous concellos promoven a concienciación neste eido por medio de campañas de sensibilización.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19882202148438