O Goberno local ourolés adxudica a ampliación da traída de auga na parroquia de Miñotos
O Goberno local do Concello de Ourol vén de adxudicar as obras de ampliación e mellora da rede de subministro de auga na parroquia de Miñotos con cargo ao Fondo de Compensación e que foron adxudicadas por 170.000 euros.
Así mesmo adxudicaron 30.000 euros a obras na rede xeral de abastecemento que consisten na colocación de válvulas de peche en contadores para poder cumplir cos requisitos de Augas de Galicia para controlar as posibles perdas ou fugas que podan producirse na rede.
En anteriores comunicación, o alcalde, José Luis Pajón, explicou que “a rede municipal de abastecemento é bastate antiga e algúns elementos están bastante deteriorados. Todos os anos dedicamos unha parte do orzamento para mellorala, pois hai algúnha parte de fibrocemento que se está a substituír por PVC”.