O Goberno local de Viveiro defende a sanidade pública en Santiago

AMariñaXa
O equipo de Goberno do Concello de Viveiro estivo este domingo na manifestación en defensa da sanidade, convocada por SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela.
goberno_viveiro_concentracion_santiago
4 Feb 2024

O equipo de Goberno do Concello de Viveiro estivo este domingo na manifestación en defensa da sanidade, convocada por SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela. Concretamente, asistiron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez; o tenente de alcalde, Jesús Fernández, e a concelleira de Benestar Social e Saúde, Catalina Fernández.
O Goberno local mostra así o seu apoio á necesidade dunha mellora das prestacións sanitarias na vila. Neste sentido, o equipo de Goberno reclamou xa en numerosas ocasións un incremento dos recursos sanitarios no centro de saúde de Viveiro, que melloren a atención sanitaria que recibe a cidadanía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17129898071289