O Goberno local de Viveiro aprobou en Pleno a terceira prórroga do contrato da electricidade
O Goberno local levou ao Pleno celebrado o pasado mércores 7 a terceira prórroga do contrato da electricidade que fixaba un máximo de 752.070 euros pero que no ano 2023 disparouse o que fixo que o concello teña unha débeda de 300.000 euros en facturas de electricidade sen pagar.
Segundo o Partido Popular de Viveiro o "Goberno local tivo desde outubro 2023 para buscar solucións a este problema, e non o fixo". A esta moción PSOE, BNG e Por Viveiro votaron a favor.
Na orde do día tamén figuraba unha modificación do Regulamento Orgánico Municipal coa intención de duplicar os tempos das intervencións nas sesión plenarias, así como a moción presentaba polo PP sobre habilitar unha partida orzamentaria que permita pagas as axudas pendentes do 2023 ás asociacións deportivas, culturais e comerciais do municipio.
O PP, que votou a favor da súa propia moción, dixo que "nos cremos que pode haber unha formular de orzamento cun presuposto prorrogado". O concelleiro de Facenda explicou que "a proposta non é viable por non dispoñer de financiamento nestes momentos ao estar cos presupostos prorrogados". O PSOE e BNG votaron en contra e Por Viveiro abstívose.
Así mismo, o PP e a tenente de alcaldesa, coincidiron en que "haberá que facer un plan estratéxico de subvencións e facer un reparto equitativo".