O Goberno galego inviste no camiño do cemiterio de Santalla de Vilaosende, en Ribadeo

AMariñaXa
O Goberno galego inviste no camiño do cemiterio de Santalla de Vilaosende, en Ribadeo. Cun orzamento de 15.000 euros
Ribadeo  escola de Rochela
1 Nov 2022

O voceiro do PP en Ribadeo, Dani Vega, destaca o compromiso do grupo municipal e a Xunta de Galicia na mellora e recuperación do camiño de acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende e o seu entorno cun orzamento de 15.000 euros. “É unha vella demanda dos veciños da parroquia ás administracións e a Xunta foi a que respondeu de maneira contundente a esta petición, pois nos próximos días vaise a firmar o convenio que permite esta actuación” explica Dani Vega.

O popular explica que o grupo municipal colaborou coa asociación de veciños e “queremos agradecer o seu intenso traballo que repercutirá de maneira moi positiva na parroquia”. Ademais, o voceiro recalca que “proximamente actuaremos tamén no resto das parroquias do municipio”.

Actuacións

As actuacións que se levarán a cabo no camiño de acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende comprenden a limpeza e acondicionamento do propio camiño e o seu entorno, a construción dun muro de contención, feito de formigón e que segundo os veciños “fai moita falta no cemiterio”; a instalación de tuberías para drenar a auga en exceso que provoca humidades e a construción dunha barandilla de madeira.

0.12640595436096