O Goberno central elimina o desconto directo ao combustible pesqueiro
O Executivo substitúe a axuda de 20 céntimos por litro por un pago único moi limitado e con novas cargas burocráticas.
O deputado do Grupo Popular e presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, lamenta que o Goberno que preside Pedro Sánchez decidira eliminar o desconto directo no surtidor para o combustible pesqueiro e alerta que esta medida supón unha nova carga burocrática para a frota e as empresas pesqueiras.
Segundo o popular o feito de que o Executivo de socialistas e morados acordarse eliminar a axuda directa de 20 céntimos por litro, que se aplicaba de xeito automático no momento de repostar o combustible, e substituíla por unha liña de axudas de pago único, non responde ás expectativas do sector e, o que é máis grave, está moi limitada ao ter a consideración de axudas de Estado.
Co novo modelo poderán recibirse axudas de entre 1.000 e 300.000 euros por barco, en función do consumo estimado de gasoil, das características da embarcación e do caladoiro no que opere, pero empresas con varios embarcacións poden superar o límite e quedar excluídas destes apoios, a pesar de ter que facer fronte ao pago total do gasoil sen ningún desconto.
Ademais estas axudas de Estado inclúe outras limitacións que agora non existían, como estar corrente ao pago da Seguridade Social e de Facenda, nun contexto de crise no que poden retrasarse estas obrigas tributarias e requiren tamén certo papeleo, situación que contrasta co anterior desconto automático.
Para Balseiro o PSOE non está a ter a consideración e sensibilidade debida co sector da pesca, que o está a pasar mal como consecuencia da crise de prezos -que encarece as subministracións e a enerxía- pero tamén sofre o impacto de decisións políticas promovidas polos ecoloxistas radicais como o veto á pesca de fondo. Unha falta de atención que Pedro Sánchez tamén demostra ao excluír os produtos pesqueiros da rebaixa do IVE que se aplica a outros produtos básicos.