O Goberno arranxará na N-642 o treito Fazouro-San Cibrao

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou o que se comezarám as obras do firme na estrada N-642 entre Fazouro e San Cibrao na zona da Espiñeira.
7 Mar 2019

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou o que se comezarám as obras do firme na estrada N-642 entre Fazouro e San Cibrao na zona da Espiñeira.
As obras, que finalmente terán un presuposto de dous millóns, consistirán na rehabilitación do firme da N-642 nun treito de máis de 21 quilómetros.
Concretamente, esta nova actuación executarase entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 (A Espiñeira, entre a conexión da N-642 coa N-634 e o núcleo de Mañente) e do 36+500 ao 55+000 (de Fazouro a San Cibrao). As obras terán un prazo de execución de doce meses.
Rodríguez sinalou que a obra axudará a acabar “coa marxinación á que foi sometida A Mariña”, e que se trata “dun importante esforzo económico para poñer a punto a principal vía de comunicación da zona, para facilitar os desplazamentos de veciños, transportistas e turistas e para mellorar a seguridade vial da comarca”.
O deterioro no pavimento, con fochancas de ata dez centímetros de profundidade, obrigou a facer no 2018 dúas actuacións de emerxencia nesta vía, unha por importe de 620.383 euros e outra de 729.567 euros.

0.18218517303467