O GDR Terras de Miranda recibiu un total de 22 proxectos

AMariñaXa
O GDR Terras de Miranda recibiu un total de 22 proxectos, por un importe global de inversión que excede dos 3.700.000 euros.
traballo equipo pensar negocio
4 Xul 2021

O GDR Terras de Miranda recibiu un total de 22 proxectos, por un importe global de inversión que excede dos 3.700.000 euros, para a convocatoria 2021-2022 do programa Leader aberta o día 3 de maio de 2021 ata o 3 de xuño, no ámbito de actuación do  GDR TERRAS DE MIRANDA, entidade colaboradora de AGADER para a xestión do programa Leader.

Dentro das diferentes tipoloxías ás que se poden presentar os proxectos, recibíronse 9 proxectos produtivos, 6 non produtivos de Entidades Privadas e 7 non produtivos de Entidades Públicas.

Entre os proxectos presentados na tipoloxía de proxectos produtivos, encóntranse proxectos de modernización de empresas, creación de centro de día para persoas con enfermidade mental e proxectos turísticos novidosos e que representarían unha oferta atractiva e diferente no territorio.

Entre os proxectos non produtivos encóntranse proxectos dirixidos a incrementar os servicios á poboación en colectivos específicos e que se desenrolarán por parte de entidades sen ánimo de lucro, como Aspanane, Inmaculada Niña de Viveiro e Fillas do Divino- Celo Rogacionistas de Burela e outros que teñen que ver coa posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico, natural e patrimonial do territorio. Dentro dos proxectos non produtivos de Entidades Públicas preséntanse proxectos de Tics no rural, actuacións de recuperación de elementos históricos, naturais, culturais e patrimoniais, centros de información turística, rutas de sendeirismo e prestación de servicios en xeral á poboación.

O GDR conta con 460.873,55 euros para esta convocatoria 2021-2022 e neste momento atópase en fase de valoración dos distintos proxectos presentados.

O Grupo tamén realizará varios proxectos de animación propios, subvencionados tamén a través do programa Leader para desenvolver a súa estratexia de desenrolo local. Entre eles un “Estudio para a creación dun Espeleoparque na Mariña” proxecto innovador e novidoso a nivel nacional que se basa na creación un espeleoparque que é a organización das covas dun territorio acotado en prol de desenvolver actividades de promoción, difusión e coñecemento do valor das covas ao tempo que se permite unha accesibilidade axeitada ao perfil do visitante garantindo un impacto mínimo do patrimonio natural subterráneo, un “Estudio de restauración e uso dos Órganos do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá” realizado dende diferentes enfoques, deste estudo sairá unha proposta sobre o carácter da futura intervención nos instrumentos, sinalando todos aqueles elementos históricos que conveña preservar e facendo tamén unha axeitada valoración económica. Os órganos do Mosteiro de San Salvador constitúen un dos máis salientables conxuntos do patrimonio galego, son excepcionais, non só en Galicia senón tamén na Península e mesmo en Europa. Desenrolará tamén proxectos no ámbito turístico como a Creación dun produto turístico e outro de Dixitalización dirixido a empresas vinculadas cos ámbitos turístico e agroalimentario.

xerente Terras de Miranda
0.16704082489014