O GDR Terras de Miranda realizará un Curso de Herbas Mediciñais no Valadouro

AMariñaXa
A Asociacion Cabaleiros do Ouro organiza para o vindeiro sábado 22 de xullo as carreiras de andadura na pista ecuestre do Valadouro.
herbas medicinais prantas
22 Mar 2024

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación Provincial de Lugo, en colaboración co GDR Terras de Miranda, realizará un Curso de Herbas Mediciñais: Elaboración de Engüentos.

Realizarase no local social de Montes de Alaxe no Valadouro os días 5 e 6 de abril en horario de 16.00 a 20.00 horas o venres e de 10.00 a 14.00 horas o sábado.

Hai un límite de 15 prazas polo que será necesario anotarse chamando ao 626 162 791.

Estas iniciativas ofrécense de forma totalmente gratuíta, co fin de ofrecer unha alternativa lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais existentes na Reserva.

0.086688995361328