O GDR-1 Terras de Miranda abre a convocatoria de axudas Leader

AMariñaXa
O GDR-1 Terras de Miranda abre a convocatoria de axudas Leader
GDR 1 terras de miranda
4 Maio 2021

O luns 3 de maio de 2021 publicouse no DOGA a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, confinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. O orzamento do GDR-1 Terras de Miranda para esta convocatoria é de 460.873,55€.

O GDR-1 Terras de Miranda realizou modificacións na súa estratexia de desenvolvemento local para incluír proxectos orientados ao aproveitamento agrícola, gandeiro e forestal da terra, como son os polígonos agroforestais, as agrupacións e as actuacións de xestión conxunta e os proxectos de ordenación produtiva das aldeas modelo, proxectos destinados a mellorar a calidade de vida da poboación rural, como son os plans de dinamización do núcleo rural das aldeas modelo e tamén para dar apoio a través dos programas Leader a plans ou actuacións integrais de desenvolvemento rural enmarcados en plans estratéxicos supramunicipais.

As liñas subvencionables son as seguintes: investimentos no sector da produción agraria primaria, investimentos de transformación e comercialización de produtos agrarios, investimentos de transformación e comercialización de produtos forestais, investimentos de diversificación das explotacións agrarias cara a actividades non agrarias e investimentos que supoñan a creación, ampliación e modernización de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.

Pódense presentar proxectos produtivos e non produtivos. A convocatoria está aberta ata o 3 de xuño de 2021. Os proxectos débense presentar na páxina www.sede.xunta.gal no procedemento MR701D. Os teléfonos para solicitar información son: 982507111/ 648921310. O GDR-1 Terras de Miranda está ubicado no Pazo de San Tomé na C/ Julia Pardo Montenegro,13,1º en Mondoñedo

0.18440294265747