O gaiteiro e artesán Pablo Seoane presentará o seu novo libro en Lourenzá
AMariñaXa
O gaiteiro e artesán Pablo Seoane presentará o seu novo libro en Lourenzá.. Será no salón de actos do Concello
1 Mar 2022
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá a presentación do libro O toque pechado escrito polo gaiteiro e artesán Pablo Seoane.
Esta publicación que recolle exercicios específicos e 150 partituras todas tradicionais, ten como obxectivo axudar a todos os gaiteiros a mellorar ou aprender o toque pechado para a gaita de fol galega.
Segundo Pablo Seoane, e baixo a súa experiencia coma gaiteiro e docente, a mellor forma de dominar calquera dos distintos estilos de toque pechado que existe en Galicia, é traballando con exercicios previos e tamén, por suposto, coas músicas axeitadas a este xeito de tocar.
O evento será o 13 de marzo e para asitir será necesario a previa reserva chamando ao númeor de teléfono 616 636 320.