O Fuciño do Porco seguirá pechado ata novo aviso
AMariñaXa
O Fuciño do Porco seguirá pechado ata novo aviso xa que as chuvias desta semana agravaron o deterioro que sofre o acceso ao enclave natural.
22 Xan 2023
O Fuciño do Porco seguirá pechado ata novo aviso xa que as chuvias desta semana agravaron o deterioro que sofre o acceso ao enclave natural.
"Debido aos danos xerados polos continuos temporais das últimas semanas, O Fuciño do Porco permanecerá pechado de forma indefinida ata reparar os danos ocasionados nas primeiras escaleiras de acceso", dixeron dende o Concello.
A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, vai elaborar un proxecto de reparación que garanta a seguridade do paso. Así, enviarán técnicos ao lugar para evaluar e analizar as zonas afectadas.
En canto quede aberto de novo o paso informarase para poder visitar e desfrutar de novo deste enclave natural.