O Fuciño do Porco contará con novos aparcadoiros
Tralo recente aumento de visitantes ao Fuciño do Porco, o Concello do Vicedo comunicou que se atopan en tramitación dous proxectos de aparcadoiros, un por parte do Concello e outro de iniciativa privada que terá 5.300 metros.
O Concello do Vicedo leva tempo tratando de habilitar outra zona de aparcadoiro de 5.500 metros cadrados na que o principio estimábase que habería 180 prazas, "pero co POL, plan de ordenazion do litoral, haberá que baixalas a 140", di o alcalde Jesús Novo, "xa temos consenduado con Costas todo e no verán do 2022 poderase comezar a súa construír".
Este novo estacionamento será en terrazas, pois os acantilados e a orografía da zona non permite que sexan doutra maneira.
Desde o aparcadoiro existente ata o punto de control de acceso hai un paseo duns 20 minutos.