O Forte San Damián expón unha nova mostra de pintura de Vicente Barreira

AMariñaXa
O Forte San Damián conta cunha nova exposición de pintura de Vicente Barreira, que se poderá visitar ata o 27 de agosto.
vicente barreira pintor
15 Ago 2022

O Forte San Damián conta cunha nova exposición de pintura de Vicente Barreira, que se poderá visitar ata o 27 de agosto. A obra do pintor valenciano nado en 1947 leva portítulo de Paisaxes.

O espazo estará aberto de luns a xoves de 17.00 a 20.30 horas e os venres, sábados, domingos e festivos ás mesmas horas polas tardes e ademais de 11.00 a 14.00 horas polas mañás.

Vicente Barreira é fillo, neto e bisneto de artistas pintores, así que de forma natural continúa a vocación familiar. Ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Carlos en 1965. Alí realizou estudos completos de pintura e en 1970 obtivo o título de Profesorado. É licenciado en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. Ten sido docente na súa propia cidade durante décadas. A súa pintura pode encadrarse no realismo da paisaxe urbana, recoñecéndose debedor da pintora Amalia Avia, dos mestres flamencos do Renacemento e de Edward Hopper.

0.12553405761719