O Foro Social de Mariña organiza palestras sobre os servizos sociais na comarca
O Foro Social de Mariña organiza, ás 20.00 horas dos días 27 e 28 de este mes, no Cenima de Foz, sendas mesas redondas, coa intención de coñecer máis de preto a realidade e o alcance da xestión que nos concellos da comarca estase a realizar na área de servizos sociais básicos. Tamén queren dar visibilidade ao traballo social despregado para atender as necesidades dos maiores e das persoas e colectivos vulnerables, así como avaliar a suficiencia dos recursos humanos e materiais empregados na súa atención.
Así mesmo, o Foro Social da Mariña quere agradecer a tódolos concellos da comarca e ás súas áreas de servizos sociais comunitarios a súa colaboración para facilitar a información e os datos precisos para obtermos unha mellor comprensión da realidade e posibilitar a celebración das palestras.