O Foro Social da Mariña organiza unha charla sobre a sanidade
O Foro Social da Mariña organiza para o martes 30 de xaneiro no salón multiusos de Viveiro ás 20.00 horas unha charla baixo o título, Sanidade pública: temos alternativas?
Así, contarán con Bernardino Pardo Teijeiro, médico de familia en Lugo, Monserrat Porteiro Sánchez, enfermeira de Atención Primaria en Foz e coordina a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Mariña e Inmaculada García Arroyo, médica pediatra en San Cibrao e excooperante internacional.
O Foro Social da Mariña quere expresar os problemas das xentes que sofren as eivas do sistema de saúde.