O Foro Económico da Mariña abordará a situación de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña.
28 Sep 2019

O vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña. A cita estará centrada en Alcoa. O título elixido é A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade. 

A mesa de análise terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19.30 horas. Contará coa participación dos alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo, Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares, respectivamente, e estará moderada pola periodista Carmen Cruzado.

Desde o Foro Económico da Mariña explican que “con esta charla no Foro Económico da Mariña retomamos a actividade despois do verán, tratando un tema de actualidade para a nosa comarca, como é o risco de que peche a principal industria que temos nesta zona, coas consecuencias que para a nosa economía levaría apegadas pola destrución de miles de postos de traballo”.

O coloquio A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade “tratará de esclarecer as medidas que se están levando a cabo dende as institucións para que a empresa sexa rentable e manteña a súa actividade; ademais de falar das posibles opcións no caso de peche. Para elo intervirán varios alcaldes da zona, de distinto signo político, realizando un análise das diferentes alternativas ao sector do aluminio”, engaden desde o Foro Económico da Mariña. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19017195701599