O focense Xoel Docal sobe ao máis alto do podio na Copa Miño

Foz
AMariñaXa
Xoel Docal non deixou pasar a oportunidade de participar unha vez máis na proba máis antiga de Galicia como é a Copa Miño
xoel_docal_copa_mino
Xoel Docal no podio
20 Maio 2024

Malia estar inmerso na preparación da tempada de pista, a II Copa España 500 m terá lugar o próximo fin de semana en Sevilla, Xoel Docal non deixou pasar a oportunidade de participar unha vez máis na proba máis antiga de Galicia como é a Copa Miño. Deste xeito, desprazouse desde Barcelona para ser da partida da proba que é unha súas favoritas xunto coa Travesía Ria de Foz.

Foron 18 quilómetros de proba nunhas condicións moi duras polo elevado caudal de auga co que baixaba o río Miño desde Rábade á Ponte Romana de Lugo, polas chuvias caídas estes días.

Desde a saída formouse un grupo que chegou compacto ata o caneiro de Santa Isabel, desde o cal Xoel Docal puxo un ritmo moi alto que lle permitiu despegarse para chegar ao Piago en solitario con algúns metros de distancia aos dous competidores que se posicionarían como segundo e terceiro na meta en Lugo.

A partir de aquí o focense foi consolidando e aumentando a súa vacina sobre os seus seguidores ao paso de Hombreiro, caneiro de antiga fabrica da Luz. Chegou ao Caneiro do Fluvial, chegando a Meta cunha ampla vacina de mas de 1 minuto sobre o seu inmediato perseguidor, Miguel Ángel Pérez do club Piragüismo Cambados e de case dous minutos a Andre Corredoira do Cidade de Lugo.

 

 

0.22432708740234