Rubal defende unha candidatura única das forzas políticas galegas para o 10-N

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Sep 2019

No III Congreso de Compromiso por Galicia, CxG, aprobáronse os textos políticos que marcaran a acción política dos galeguistas para os próximos tres anos no período 2019- 2022. A nova definición política, na cal desaparece a socialdemocracia, é para CxG un cambio para representar mellor unha sociedade galega máis transversal onde teñan reflexo aqueles progresistas que sintan Galicia como principal preocupación sen dependencias. Na executiva participa o focense Xosé Luís Rubal. O partido propón unha candidatura única de forzas políticas galegas con centro de decisión en Galicia para o 10 N.

Aprobáronse sendas propostas de resolución. Por unha banda, CxG propón ás forzas políticas galegas, con centro de decisión en Galicia o inicio urxente de conversas para a conformación dunha candidatura unitaria ás eleccións xerais do 10-N. E diante da inestabilidade política estatal que non da marxe para un marco seguro para as empresas electro intensivas, CxG propón que todas as administracións; concellos afectados, galega, estatal e europea constitúan unha mesa de diálogo con axentes sociais e empresas para unha solución para as electro intensivas. 

O panorama do Brexit é desolador para a flota pesqueira galega e observan que a Xunta non está a traballar co goberno de Escocia nas futuras e previsibles posicións escocesas relativas a Europa, polo que solicitan á Xunta que explore o dialogo bilateral con Escocia e respaldo en Europa a independencia escocesa.

O Consello Nacional está composto por 40 persoas, 20 homes e 20 mulleres e a información estará na web oficial. E na comisión executiva nacional está o focense Xosé Luís Rubal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12109994888306