O festival Osa do Mar de Burela presenta o cartel definitivo da súa décima edición
AMariñaXa
O festival de música Osa do Mar, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro en Burela, vén de presentar o cartel definitivo da que será a súa décima edición.
4 Maio 2024
O festival de música Osa do Mar, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro en Burela, vén de presentar o cartel definitivo da que será a súa décima edición. A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu “apoio total á cita, “que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán”.
Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, “na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila”, sinala López.
Esta convocatoria contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias. O evento, sen ánimo de lucro, está organizadao pola Asociación Cultural Fanto Fantini.