O Festival Osa do Mar de Burela confirmou o cartel completo para a súa nova edición
O Festival Osa do Mar de Burela confirmou xa o cartel de artistas que estarán na súa nova edición que se celebrará os días 1 e 2 de setembro.
Xa fai unhas semanas fixeron as primeiras confirmacións nas que estarán Bala & Lúa Mosquetera, Caamaño & Ameixeiras, Carlangas, Fillas de Cassandra, La Paloma, Sexy Zebras e Shego.
Así, a este cartel sumáronse Ángel Stanich, Batuko Tabanka, Catuxa Salom, Eme DJ, Grande Osso, _Juno, Medio Quinhón, Óscar Fédez % Leo Salinas e Xoel López.
A organización, Fanto Fantini, informou de que os abonos para os dous días do festival aínda están dispoñibles, e de que se poden adquirir na súa web.
"Sen o apoio das institucións non seríamos capaces de sacar adiante o Osa do Mar", dixeron, "as axudas que tivemos desde o primeiro ano do Concello de Burela e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo este ano, incorpórase cunha colaboración moi importante para nós Xunta de Galicia e o Camino Xacobeo".
Tamén aclararon que o Festival Osa do Mar de Burela "é un festival sen ánimo de lucro e organizado 100% e desde o inicio pola Asociación Cultural Fanto Fantini".