O festival Ether volverá en xullo a Cantarrana cunha nova edición cargada de música electrónica

AMariñaXa
Viveiro acollerá o 19 de xullo a oitava entrega dun evento que aposta por combinar DJs internacionais, figuras nacionais e novos talentos do xénero
lilly_palmer_festival_ether
14 Jun 2025

A conta atrás para unha das citas imprescindibles da música electrónica na Mariña xa comezou. O festival Ether celebrará a súa oitava edición o sábado 19 de xullo no xa habitual emprazamento do parque Pernas Peón, en Cantarrana. A organización mantén por agora o segredo sobre os nomes que integrarán o cartel, mais adiantan que será unha proposta “variada e de calidade”, que reunirá DJs nacionais e internacionais, xunto con artistas emerxentes da escena electrónica.

Trátase dun evento consolidado no calendario musical galego, que cada verán transforma Viveiro nun punto de encontro para as persoas amantes da electrónica, ofrecendo un espazo ao aire libre con música, ambiente e descubrimentos sonoros.

A organización asegura que Ether 2025 seguirá apostando pola diversidade de estilos dentro da electrónica, coa intención de atraer tanto ao público máis fiel como a novas xeracións que buscan experiencias musicais singulares. A programación completa, horarios e nomes confirmados daranse a coñecer nas vindeiras semanas a través das canles oficiais do festival.

⚙ Configurar cookies
0.16291308403015