O Festival da Fantasía Cunqueiriana, Mil Primaveras, será ao longo de marzo
AMariñaXa
Mil Primaveras quere ser o Festival da Fantasía Cunqueiriana, e como tal queren visibilizar ese día na praza e rúas mindonienses.
21 Feb 2023
Mil Primaveras quere ser o Festival da Fantasía Cunqueiriana, e como tal queren visibilizar ese día na praza e rúas mindonienses. Así, celebrarán un mercado de cultura e fantasía, tapas cunqueirianas ou proxeccións de audiovisuais.
Nesta nova iniciativa, que será o 11 de marzo, a organización anima a disfrazarse para participar no evento de gatipedro, da Voadora de Serantes, de Merlín ou ata do Paraugas Xacinto.
Tamén haberá actividades formativas ata o 25 de marzo da man da escritora Antía Yáñez, de teatro con Paloma Lugilde e de audiovisual con Xaime Miranda.