O festival da cervexa máis famoso do mundo chega a Foz os vindeiros 12, 13 e 14 de outubro

Foz
AMariñaXa
Onte foi a despedida á congregación de Marta e María que estivo a xestionar desde hai 21 anos o hospital asilo de Ribadeo.
oktoberfest foz 2023 portada
12 Oct 2023

Comeza o OctoberFest Foz, o festival da cervexa máis famoso do mundo chega a Foz, que durará ata o 14 de outubro para ofrecer bebida e racións. Esta cita servirá de aliciente para que a veciñanza se achegue á vila durante a ponte festiva.

Nesta evento, o CCA Foz e os establecementos hostaleiros focegos deseñaron unha ruta que fusiona cervexas e gastronomía e na que o público se achegará á festa cervexeira máis popular de Alemaña e unha das máis celebradas en todo o mundo na que se pode coñecer e gozar ademais da cervexa, da gastronomía, a música e a cultura.

As cervexas que se poderán degustar durante eses días son a Augas Santas, ErDinger, Voll Damm, Alhambra, Estrella Galicia, 1906 e 1906 La Pelirroja. E os establecementos hostaleiros serán Augas Santas, Bar78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.

Ademais durante estas xornadas os establecementos participantes ofrecerán diferentes ofertas mesturando cervexa e racións de salchichas, a tradicional comida festiva xermana.

oktofest foz 2023 2
0.1294219493866