O festival BreaSon de Mondoñedo quece motores

AMariñaXa
A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo ven de informar que xa están a preparar a nova edición do BreaSon, que será en novembro
II-Breason-mondonedo-2023
1 Nov 2023

A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo comunicou que xa están a preparar a nova edición do BreaSon, un festival que conta con música, oferta gastronómica, teatro e moitas actividades.

As datas de celebración do festival serán o 3 e 4 de novembro e contarán coas actuacións de Catuxa Salom e Grande Osso (13.30 horas); Fillas de Cassandra (21.30); Ruxe Ruxe (23.00);  Los Rastreadores (00,30); The  Skarnivals (02.00) e de novo Grande Osso ás 03,00. O acceso será gratuíto.

Esperase que todos os públicos podan desfrutar das actividades previstas de lecer, catas de viño e un magosto. Tamén haberá tempo de ocio no que o primeiro día do festival teñen preparado unha obra teatral no auditorio municipal ás 20.00 horas.

Así, o día 4 ao mediodía será a cata de vermú e degustación de conservas, así como xogos populares e dinámicas grupais para os máis pequenos da casa.

Arredor das 13.30 horas será a quenda da primeira actuación musical a cargo de Catuxa Salom e Grande Osso que amenizará o final da sesión vermú.

Pola tarde haberá a merenda con Samaín para os nenos e, a partir das sete e media, a Asociación Pasatempo ten previsto compartir o anual magosto popular. A música seguirá ás 21.30 horas.

Haberá actividades complementarias para todas as idades, como oferta gastronómica, un magosto tradicional e un espazo infantil con xogos populares para os nenos e nenas. Ademais, o departamento de Xuventude da Xunta instalará un posto informativo para divulgar recursos dirixidos á mocidade, con especial fincapé no programa Quérote +, orientado a asesorar nas áreas vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal dos mozos e mozas.

Javier Arias felicitou á asociación Xoldra “por conseguir reeditar esta actividade de ocio vinculada á cultura, que serve como escaparate para os artistas galegos e ten un efecto positivo en Mondoñedo desde o punto de vista económico e turístico”.

271023-Presentacion-Brea-Son-Mondoñedo-1
II Breason mondonedo 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19298315048218