O festival BreaSon de Mondoñedo contará con Catuxa Salom, Grande Osso e Fillas de Cassandra
A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo comunicou que xa están a preparar a nova edición do BreaSon, un festival que conta con música, oferta gastronómica, teatro e moitas actividades.
As datas de celebración do festival serán o 3 e 4 de novembro e contarán coas actuacións de Grande Osso, Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Catuxa Salom, The Skarnivals e Los Rastreadores
Esperase que todos os públicos podan desfrutar das actividades previstas de lecer, catas de viño e un magosto. Tamén haberá tempo de ocio no que o primeiro día do festival teñen preparado unha obra teatral no auditorio municipal ás 20.00 horas.
Así, o día 4 ao mediodía será a cata de vermú e degustación de conservas, así como xogos populares e dinámicas grupais para os máis pequenos da casa.
Arredor das 13.30 horas será a quenda da primeira actuación musical a cargo de Catuxa Salom e Grande Osso que amenizará o final da sesión vermú.
Pola tarde haberá a merenda con Samaín para os nenos e, a partir das sete e media, a Asociación Pasatempo ten previsto compartir o anual magosto popular. A música seguirá ás 21.30 horas.