O Feitizo de Foz xa ten listos os horarios desta tempada

Foz
AMariñaXa
A Agrupacion O Feitizo de Foz comunicou da nova programación de clases e nos que volven contar un ano máis con música e baile tradicional.
o feitizo agrupacion foz
7 sep 2022

A Agrupacion O Feitizo de Foz comunicou da nova programación de clases para este curso 2022-2023 nos que volven contar un ano máis con música e baile tradicional.

Así, os luns de 19.30 a 20.30 será a iniciación ao baile deportivo e de 20.30 a 21.30 para expertos, ambos na na Sala Bahía. Os martes será a quenda da pandeireta e canto de 19.00 a 20.00 e da iniciación a baile deportivo de 20.00 a 21.00 horas, os dous no London.

Xa os mércores serña o baile galego para nenos de 3 a 5 anos en horario de 18.00 a 19.00 horas, e para os de 6 a 11 anos de 19.00 a 20.00 horas. Ás 20.00 horas dará comezo a clase de gaita e percursión.

Ox xoves volve a iniciación ao baile deportivo na Sala Bahía de 19.30 a 20.30 de principiantes e de 20.30 a 21.30 para expertos. No derradeiro día da semana, o venres, serán as clases de baile galego para adultos maiores de 12 anos no London.

Para máis información sobre os cursos e os grupos haberá que chamar ao teléfono 649 905 842.

Feitizo foz curso 2022
0.12403988838196