O Feitizo de Foz está inmerso no novo curso con obradoiros de baile galego ou percursión

Foz
AMariñaXa
A agrupación pretende seguir promocionando a nosa cultura e a música tradicional a través das súas actividades
Agrupacion-Folclorica-O-Feitizo-de-Foz-(2)
21 Out 2024

A agrupación O Feitizo de Foz está inmersa no comezo deste novo curso para seguir promocionando a nosa cultura e a música tradicional. Deste xeito, dende a formación poñen en marcha obradoiros de baile galego, percusión, gaita, pandeireta, tamborada normanda e batuka. Os interesados poden poñerse en contacto co grupo a través do 649 905 842.
Ademais, xa están a preprar novidades de cara aos vindeiros meses. A agrupación ten como idea organizar un musical de Nadal para a cativada de todo o concello. Así animan a nenos e nenas de 3 a 10 anos a formar parte desta iniciativa.

O colectivo focego conta cunha ampla e consolidada traxectoria dende o ano 1978 cando botou a andar. A súa actividade estivo vinculada ás artes plásticas, ao baile ou á música entre outras propostas da man das distintas xeracións que pasaron por ela ao longo das décadas. Os seus membros, nos que se encontran distintos grupos de idade, tamén viaxaron por distintos puntos de Galicia para participar en distintas propostas culturais.

o feitizo foz cursos
0.18257617950439