O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023

AMariñaXa
As festas patronais de Ribadeo xa contan con camiseta oficial. Foron creadas pola artista local Sandra, da empresa Viva la Pepa
cartel patronais ribadeo 2023 1
26 Ago 2023

O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023. Foron presentados o cartel e o programa.

O rexedor contou que “presentamos as festas de Ribadeo e o primeiro que queremos facer dende o Concello é agradecer todo o traballo á comisión organizadora dos festexos. É importante destacar todo o que fan, como o organizan de ben e iso amosa un amor por Ribadeo”.

Para Vega “coordinar unhas festas sempre é complexo: barracas, as orquestras, as actividades alternativas, … É un feixe de traballo e ás veces pouco agradecido. Dende o Concello queremos colaborar con eles e entre todos tes unhas boas festas. E creo que os estamos a facer ben coordinados. Tamén quero agradecerlle á Xunta de Galicia toda esa colaboración económica”.

E engadiu que “o que quero tamén é trasladar unha felicitación a todos os veciños e veciñas de Ribadeo. Pasémolo ben, disfrutemos cos amigos e coa familia deste Ribadeo que queremos e amamos todos”.

O pregón será pronunciado polo ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina, o 1 de setembro, no Teatro. Será presentado polo coñecido xornalista ribadense Fabián Pérez. O 2 de setembro terá lugar o Xara Fest, o primeiro festival de música underground, que se celebra en Ribadeo e que se enmarca dentro da programación das festas patronais.

Gonzalo Lebredo, un dos membros da comisión organizadora, anunciou que “haberá o día dos maiores para achegar os festexos ata a residencia e o centro de día, tamén se celebrará o día do neno, a tradicional sesión de fogos artificiais do 7 e o día grande será o 8 de setembro”. Un amplo programa de actividades para todos os públicos se desenvolverá entre o 1 e o 10 de setembro en Ribadeo e no que o deporte tamén estará presente con trofeos de baloncesto, billarda e fútbol, entre outros, así como charangas e orquestras “de moito nivel”. Os pratos fortes dos festexos serán Budiño e Magic Queen.

A comisión agradece “a colaboración do Concello, da Xunta, de Estrella Galicia e de todas as persoas e negocios de Ribadeo”, que coas súas achegas contribúen á realización das festas patronais de Ribadeo 2023.

0.18501806259155