O espectáculo 'Saaabor!' en Burela o vindeiro sábado 27 de abril ás 18:00 horas
A Delegación Municipal de Cultura de Burela, presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en “Saaabor!”, unha proposta cómica , para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
SAAABOR! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia e humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.
Félix e Fran , os nosos protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
O food truck de SAAABOR! chega a vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo. Unha produción de Culturactiva SCG que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca.
A presente representación conta coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia), e a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.
A taquilla abrirá ás 17:00 horas, as entradas a 2,5 euros.