O espectáculo Kyoki chega a Burela

AMariñaXa
Kyoki é unha mirada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que necesitan ser coidadas como as propias coidadoras
kyoki
22 Out 2024

Kyoki, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do olvido e a soidade, chega o próximo sábado 26 de outubro a Burela. Será na Casa da Cultura ás 18.00 horas con entradas a 3 euros. Unha creación de María Torres e Gonçalo Guerreiro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Kyoki é unha mirada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que necesitan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora.

0.18914198875427