O espectáculo de títeres Cousas de Casa chega a Ourol en marzo

AMariñaXa
O espectáculo de títeres Cousas de Casa chega a Ourol en marzo. Un espectáculo de títeres de guante divertido, pícaro e tenro
titeres mircromina teatro cousas de casa
17 Feb 2022

No mes de marzo o salón de actos do Concello de Ourol acollerá o espectáculo de títeres Cousas de Casa.

Será o día 4 de marzo ás 18.30 horas e para asistir será necesarioa previa inscrición chamando ao teléfono 982 559 019 antes do 1 de marzo.

Cousas de Casa é un espectáculo de títeres de guante divertido, pícaro e tenro para exhibir en sala, rúa ou espazos atípicos que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser mai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo menbro da familia, bebé.

0.18845391273499