O espectáculo de Mamá Cabra e Bellón Maceiras, en Viveiro, aprázase ao 21 de abril

AMariñaXa
O espectáculo de Mamá Cabra e Bellón Maceiras que se ía celebrar o 4 de marzo aprázase ao 21 de abril, por mor da baixa por enfermidade
1 bellon_maceiras_e_mama_cabra
2 Mar 2023

O espectáculo de Mamá Cabra e Bellón Maceiras que se ía celebrar o 4 de marzo aprázase ao 21 de abril, por mor da baixa por enfermidade de dous dos músicos.

A Música das Buguinas é un espectáculo en directo conxunto de Mamá Cabra e BellónMaceiras. Sobre a idea orixinal dos concertos didácticos de música tradicional de BellónMaceiras, Pepablo Patinho escribe o conto da Música das buguinas.

Unha proposta que nos ensina a amar e coñecer a nosa música e no que imos descubrindo como soan e como son diferentes instrumentos: gaita, acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento… neste fermoso espectáculo músico-teatral de BellónMaceiras e Mamá Cabra.

bellon_maceiras_e_mama_cabra
0.11268496513367