O espectáculo Bailar Agora chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro

AMariñaXa
O espectáculo Bailar Agora chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 23 de abril ás 20.30 horas. Haberá que reservar
bailar agora viveiro 1
18 Abr 2022

O espectáculo Bailar Agora chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 23 de abril ás 20.30 horas. Esta obra pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.

Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótase proxectando un futuro que nunca chega. Bailar Agora propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento,  investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.

Para asistir será necesario mercar as entradas no teléfono 982 560 162 ou no email rbg.cultura@viveiro.es.

0.10519790649414