O espectáculo audiovisual 'José Suárez, Suite para unha vida', chega a Barreiros

AMariñaXa
O espectáculo audiovisual José Suárez, Suite para unha vida, chega a Barreiros este sábado 17 no centro sociocultural de San Cosme.
jose suarez barreiros 1
13 sep 2022

O espectáculo audiovisual José Suárez, Suite para unha vida, chega a Barreiros este sábado 17 ás 20.00 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Deste modo, o espectáculo creado por Rafa Fernández; guitarrista noiés afincado en Santiago de Compostela, achegará a vida e obra de José Súarez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente.

Será un concerto de música en directo acompañado de imaxes de José Suárez como peza central dunha performance audiovisual. A proxección das obras de Suárez farase en tres proxectores simultaneamente colocados de forma envolvente ao público que se mergullará nun marco visual cheo de sonoridade.

José Suárez: Suite para unha vida é unha composición de Rafa Fernández na que está acompañado por Bleuenn Le Friec (Arpa), Virxilio da Silva (Guitarra eléctrica), Álex Salgueiro (Teclados) e Iván Torres (Visuais).

jose suarez barreiros
0.21342992782593