O Espazo Xove de Viveiro acolle o Torneo Provincial Xogade de Xadrez 2025

Viveiro converterase este sábado, 10 de maio, na capital provincial do xadrez coa celebración do Torneo Xogade 2025, unha competición promovida polo Club de Xadrez San Roque en colaboración co Concello de Viveiro e o Espazo Xove. A partir das 10:00 horas, un total de 16 equipos mediranse nunha xornada intensa de xogo e reflexión.
O evento, que se desenvolverá en catro roldas, contará coa participación de 64 xogadores e xogadoras, que competirán de forma simultánea. O obxectivo da iniciativa vai máis alá da competición: busca fomentar valores como a estratexia, o pensamento crítico e o respecto entre iguais.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou a importancia de acoller este tipo de iniciativas: “Para nós é unha honra recibir a mocidade deportista na nosa vila. O xadrez promove a convivencia e a reflexión, dous piares fundamentais para a formación das novas xeracións”.