O Espazo Xove de Vilalba celebra o 8 de abril a Feira da Primavera
O venres 8 de abril terá lugar a segunda edición da Feira da Primavera no Espazo Xove de Vilalba, que contará cunha chea de actividades gratuítas abertas a todo o público.
A xornada abrirase co obradoiro Graffiti: técnica e aplicación práctica impartido por Vella Escola, de 10:00 a 13:3o horas, (en colaboración co IES Lois Peña Novo).
A continuación, de 16:30 a 19:30 horas terá lugar o obradoiro de Animación Musical: Rap, Hip Hop, Break que imparte Puzzle Animación.
A partir das 16:30 horas darán comezo os torneos de futbolín e billar, que teñen as inscricións abertas ata o 6 de abril e que terá trofeos para os semifinalistas.
E tamén ao longo da tarde celebrarase o Torneo de Xadrez coa disputa de partidas simultáneas cun mestre de xadrez do Club de Xadrez Recatelo.+
Finalizarán a xornada ás 19:00 horas, cun obradoiro culinario co título Cociña en 10 minutos, impartido polo cociñeiro do Parador de Vilalba.