O escritor Lionel Rexes presenta a súa novela 'Nove lúas' en Mondoñedo
AMariñaXa
Terá lugar o sábado 7 de decembro na Casa da Penela en Vilamor
2 Dec 2024
A Casa da Penela en Vilamor (Mondoñedo) acolle a presentación da novela 'Nove lúas' de Lionel Rexes, premio 'Neira Vilas' no 2023. Terá lugar o 7 de decembro ás 12.00 horas do mediodía e intervirá o propio autor e Xosé Luís Fernández Rivera, activista pola memoria histórica e Bernardo Penabade, profesor de Lingua e Literatura.
Lionel Rexes vén dunha familia da emigración e en 1994 estableceuse en Alfoz, onde os seus pais construiron unha vivenda. Nunha entrevista para este medio recoñecía: "O galego é a miña lingua de referencia para a literatura e para a vida en xeral. Como xa dixen, para min a lingua galega é unha opción vital".