O equipo de goberno de Ribadeo afea as críticas do BNG da pista multideporte

AMariñaXa
No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Ribadeo foron aprobados os orzamentos de 2022 que ascenden a case 10 millóns de euros
23 Xan 2024

O equipo de Goberno considera que o BNG "debe pedir disculpas aos ribadenses pola chapuza feita coa pista multideporte". Deste xeito responde ás críticas vertidas no día de hoxe polos seus antecesores.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “nós atopámonos cun sistema eléctrico que, antes de que a obra fose entregada ao Concello, xa presentaba deficiencias; a pintura da pista xa case tiña desaparecido; e as canastras non estaban colocadas de xeito correcto co perigo que iso supoñía para as usuarias e usuarios”.

O edil ribadense dixo que “desde o equipo de  goberno vímonos na obriga de ter que solucionar toda esta problemática pola vía administrativa e tentaremos que todo estea listo o máis rápido posible”.

Para Silvent “o BNG debería estar máis caladiño e arrimar a ombreira nunha obra que eles deixaron en mal estado. Desde o BNG deberían pedir disculpas a todos os ribadenses pola chapuza que fixeron con esta pista multideporte. A inversión foi moi grande e deixaron todo abandonado”.

E engadiu que “queremos contar coa opinión dos xoves que practican skate para coñecer a súa opinión e ver os mellores usos que se lle poden dar a esa pista multideporte, algo que consideramos que debería terse feito desde o principio”.

https://galiciaxa.com/2024/01/amxa/zonas-amxa/ribadeo-amxa/250485/

0.19028687477112