O Entroido en Xove terá festa e premios para todos os gustos

AMariñaXa
Diversión asegurada no municipio de Xove coas actividades programadas para o Entroido deste ano
ENTROIDO-XOVE-2-2023-14
7 Feb 2025

O municipio de Xove prepárase para vivir un Entroido de 2025 cheo de cor, música e moita festa. A programación arrincará o venres 28 de febreiro, cando se celebrará un baile infantil de disfraces para os máis pequenos co Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, ás 17.30 horas.

O sábado 1 de marzo terá lugar o gran Desfile de Entroido polas rúas de Xove, ás 17.00 horas, amenizado pola Charanga Europa. O desfile estará aberto a todos os veciños e veciñas que queiran participar, sendo tamén unha oportunidade para lucir os mellores disfraces e optar aos atractivos premios do concurso.

Despois do desfile, continuará a festa no Pavillón Municipal coa actuación do grupo Fénix e DM Conxuro. Durante a festa, entregaranse os premios aos mellores disfraces nas distintas categorías, que inclúen premios para carrozas, comparsas, grupos de persoas, parellas e individuais, con cuantiosos premios en metálico que van desde os 60 euros ata os 500 euros.

Ademais, os participantes que se inscriban antes do 28 de febreiro recibirán un agasallo como parte do entusiasmo para participar no evento.

Para máis detalles sobre as bases do concurso e a inscrición, pódese consultar a páxina web do concello.

0.17456007003784