O entroido de Trabada volve encher as rúas de cor e diversión

AMariñaXa
O desfile celebrarase o 28 de febreiro e repartiranse máis de 4.000 euros en premios para todas as categorías
Entroido-Trabada-2026-XA
2 Feb 2026

O Concello de Trabada prepara unha nova edición do seu tradicional Entroido, que terá lugar o vindeiro 28 de febreiro ás 18.00 horas co esperado desfile polas rúas do municipio. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición online ata o 26 de febreiro, mentres que a recollida de dorsais realizarase o mesmo día do desfile entre as 16.00 e as 17.00 horas.

A programación inclúe premios para carrozas, parellas, infantís, individuais, grupos, comparsas e charangas, sumando un total de 4.115 euros en galardóns que buscan recoñecer a creatividade e o entusiasmo de todos os participantes. O evento, que combina tradición e diversión, convértese un ano máis nunha cita imprescindible para veciños e visitantes que desexen gozar do espírito carnavalesco.

O Concello anima a toda a veciñanza a sumarse á celebración, vivir a festa en primeira persoa e, se é posible, participar activamente nas distintas categorías, contribuíndo á riqueza e diversidade do Entroido local.

PROGRAMACIÓN

⚙ Configurar cookies
0.089861869812012